O pasado luns 12 de abril tivemos a visita dalgúns alumnos do IES Sanxenxo. Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, os nenos maiores apadriñaron aos máis pequenos e regaláronlles e leron un conto infantil que previamente elixiran. Unha forma moi interesante de compartir momentos entre nenos de distintas idades a través da lectura. Ao terminar as lecturas, seguiron compartindo momentos debuxando e intercambiando historias.
Pica Aquí, para ver algunhas fotos da xornada.
Pica Aquí, para ver algunhas fotos da xornada.