jueves, 24 de diciembre de 2009

BO NADAL

Os compoñentes da directiva da ANPA PINTILLON, desexamosvos a todos unhas Felices Festas e un Bo Ano Novo


lunes, 21 de diciembre de 2009

O CONSELLEIRO DE EDUCACION EN DORRON

O pasado venres 18 tivemos a visita do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, ao noso cole. Estivo acompañado do Xefe Territorial de Educación Cesar Pérez, a Alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, a Concelleira de Educación Paz Lago, o Concelleiro de Dorrón Tino Sanmartín e varios membros máis da corporación municipal.
Durante a reunión que mantivo con algúns membros da directiva da ANPA e os membros da dirección do colexio, o Conselleiro explicounos os plans que tiña para acometer as obras de ampliación e mellora das instalacións escolares. Aínda que non deu datas concretas, comprometeuse a ter terminado o proxecto durante o ano 2010, para licitar e empezar os traballos canto antes e poder ter o colexio listo nun prazo máximo total duns tres anos.
Os membros da directiva da ANPA facemos unha lectura moi positiva desta visita e creemos que se vai por bo camiño, aínda que seguiremos atentos a todo o que vaia xurdindo sobre este tema.
A continuación inserimos varias novas relacionadas co tema.


Diario de Pontevedra


La Voz de Galicia


Preme sobre o logo para ver a nova deste diario

martes, 15 de diciembre de 2009

NOVA DE ULTIMA HORA

Informamos que mañá se suspenden as clases, segundo decisión da Consellería de Educación. Pedímosvos que comuniquedes a noticia a todos os coñecidos dado o atraso do aviso. Transcribimos a mensaxe que eviaron á dirección do colexio.

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 decembro 2009

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.


Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

lunes, 14 de diciembre de 2009

ASAMBLEA DIA 16 DE DECEMBRO

Informámosvos que o vindeiro mércores 16 de decembro ás 21:00, terá lugar na aula de música do colexio unha asemblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Recollida de lotaría de nadal.
3º Información sobre a próxima reunión co Sr. Conselleiro de Educación e temas relacionados co colexio.
4º Rogos e preguntas.

Ao finalizar a reunión, gozaremos, como xa o habitual, dun pincho para celebrar todos xuntos o Nadal.

lunes, 7 de diciembre de 2009

COMENTARIOS

Este é o primeiro artigo que se inseriu neste blog:

mércores 13 de maio de 2009


PRESENTACION
Hoxe inauguramos o noso blog, coa ilusión de que sexa unha ferramenta de comunicación útil para toda a comunidade escolar do C.E.I.P. Magaláns-Dorrón en xeral, e para os socios do A.N.P.A Pintillón, en particular.
Esperamos as vosas opinións, os vosos comentarios e achegas, para que sexa un medio ameno, divertido e sobre todo didáctico.
Queremos deixar claro, que todos os comentarios serán ben recibidos e non haberá censura de ningún tipo, a condición de que non haxa saídas de ton nin comentarios pouco apropiados. No hipotético caso de que isto sucedese, gardámonos o dereito de borrar as dicir intervencións.


Quero destacar varias cosas:

"...ferramenta de comunicación...".
"...que sexa un medio ameno, divertido e sobre todo didáctico..."
"...todos os comentarios serán ben recibidos......sempre e cando non haxa saidas de tono..."

Suso

sábado, 5 de diciembre de 2009

BOAS NOVAS

Deixamos duas novas que aparecen hoxe no Diario de Pontevedra e no Diario de Arousa, nas que se confirma a data da visita do Conselliro de Educación, D. Jesús Vázquez, ó noso colexio.


Diario de Pontevedra


Diario de Arousa

jueves, 3 de diciembre de 2009

NOVAS RELACIONADAS CO COLEXIO

Deixamos unha ligazón dunha noticia que aparecía o 19 de novembro en La Voz de Galicia, onde se fala de varias enmendas que presentou o BNG, e noméase o Colexio de Dorrón.

viernes, 20 de noviembre de 2009

NOVO APARCADOIRO

Informámosvos que hoxe pola mañá quedou aberto o novo aparcadoiro para usuarios do CEIP Magaláns. Lembramos que a partir de agora, os axentes da Policía Local non permitirán estacionar ningún vehículo nas marxes da estrada nin no aparcadoiro reservado para autobuses, como se viña facendo habitualmente. Ademais queremos destacar que queda habilitada unha zona peonil marcada con vaias metálicas, para non invadir a zona de tránsito de autobuses e que debemos respectala para maior seguridade.

Deixamos unha nova de La Voz de Galicia con información ó respecto.

Pica sobre o logo

jueves, 19 de noviembre de 2009

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Deixamos unha nova que aparece no Faro de Vigo de hoxe, respecto da saída que tuveron onte os nenos de infantil (4 e 5 anos) e 1º - 2º de primaria.
Ademais do que se conta na noticia, comentar que se aproveitou a saída para visitar na Sede Náutica de Caixa Galicia, unha mostra sobre o camiño de Santiago, "Galicia, Camiño Celeste".
Lembramos que os gastos de transporte correron por conta da ANPA.

Pica na nova para ver máis grande.



viernes, 13 de noviembre de 2009

NOVAS SOBRE O COLEXIO

Inserimos unha nova que publica hoxe o Diario de Pontevedra, acerca do novo aparcadoiro e as obras do colexio.
Ademais, fan referencia ao noso blog, indicando incluso a dirección.

Pica para ver máis grande

jueves, 12 de noviembre de 2009

NOVO APARCADOIRO

Informámosvos que, practicamente, están rematadas as obras do novo aparcadoiro anexo ao colexio. Devandito aparcadoiro estará destinado a usuarios do centro (pais, profesores...) e o que xa había até agora, será de uso exclusivo dos autobuses. Segundonos comunicaron dende a Concellaría de Infraestruturas e Obras, falta delimitar a zona de paso peonil e instalar un valo de protección para salvar o desnivel co aparcadoiro dos autobuses. Indícannos, ademais, que dado que a obra fíxose con tempo chuvioso, debemos esperar, como mínimo, unha semana para poder empezar a utilizalo e así dar tempo a que seque e frague ben o firme. Por este motivo, pedímosvos paciencia e colaboración durante estes días ás horas de chegada e saída dos alumnos.

SEIS MESES DE BLOG

Xa fai seis meses que inauguramos este blog. A finais do curso pasado, en maio para ser máis exactos, púxose en funcionamento esta útil ferramenta para poder dar maior e mellor información de moitas das cousas que se fan desde a ANPA PINTILLON por e para os alumnos do C.E.I.P. Magaláns-Dorrón.
Queremos lembrarvos que aceptamos colaboracións de calquera membro da nosa comunidade escolar (fotos de eventos, excursións, actividades...).
Ademais aproveitamos a ocasión para dar as grazas a todas as nais e pais que pagan o carnét de socio (que practicamente son todos), e aos que prestan a súa colaboración en calquera actividade organziada pola ANPA.




lunes, 9 de noviembre de 2009

CEIP MAGALANS CO MEDIOAMBIENTE

La Voz de Galicia (20/10/2009)

Trece centros y colectivos participan este curso en el programa Voz Natura

La iniciativa medioambiental de la Fundación Santiago Rey está dedicada este año a la biodiversidad...

Trece colegios y entidades de la comarca pontevedresa se han sumado este nuevo curso a la alianza del programa medioambiental Voz Natura con la biodiversidad. Sensibilizar a la población sobre la importancia de frenar la pérdida de la biodiversidad, con el objetivo de contribuir a las campañas que se están realizando a nivel mundial para preservar la diversidad ecológica, es el eje de la nueva edición del programa que desarrolla la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que también es la número trece...

...En Dorrón, los escolares del colegio Magaláns también abordarán el tema de la recogida selectiva y la reutilización de los residuos. Entre otras actividades, limpiarán la playa próxima al centro, elaborarán compost con bokashi y bolsas de tela para sustituir a las de plástico, además de la recogida de pilas y aceites usados...

Se queres ler toda a noticia, PINCHA AQUI

miércoles, 4 de noviembre de 2009

ASAMBLEA DIA 6 DE NOVEMBRO

O vindeiro venres 6 de novembro ás 21:30, terá lugar na aula de música do colexio unha asamblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Información da reunión mantida coa Señora Alcaldesa sobre as obras do colexio.
3º Reparto de participacións de loteria de nadal ós pais que queiran colaborar a vendela.
4º Pondremos ó cobro os carnés de socio da ANPA a partir desta asamblea.
5º Información detallada do “Show de la Brujita Tapita”.
6º Rogos e preguntas.

LA BRUJITA TAPITA EN SANXENXO

Informámosvos que o vindeiro sábado 28 de novembro ás 19:30, terá lugar unha actuación do Duo el Tiempo do Sol no Pavillón Polideportivo de Baltar. O Show da Brujita Tapita é un espectáculo no que este duo combina xogos musicais, bailes e cancións interactuando con nenos e maiores.
Esta actividade está organizada polas ANPAS de Sanxenxo, Portonovo, Noalla, Nantes, Vilalonga e Dorrón e pola Federación de ANPAS, coa colaboración do Concello de Sanxenxo. Vai dirixida a nenos de entre 3 e 8 anos, é dicir, nenos que cursen desde primeiro de infantil até 3º de primaria.
A previsión de asistencia é moi elevada e ademais o aforo é limitado, polo que vos enviaremos un modelo de inscrición para que poidades apuntarvos. En principio, os nenos asistentes poderán ir acompañados só por un adulto por familia.
Prezo adultos: 1€
Prezo nenos: gratis

Si queredes máis información do Duo Tempo do Sol, podedes entrar na súa páxina web picando aquí.

Deixámosvos uns vídeos de cancións súas.




jueves, 29 de octubre de 2009

NOVA VERSION EN GALEGO

Como xa sabedes, ata agora, viñamos inserindo os distintos artigos nos nosos dous idiomas, pero dentro da mesma páxina, pondo nun tamaño un pouco inferior o artigo en galego. Como non nos gustba demasiado este sistema, xa que alonga demasiado a vista dos artigos, hoxe inauguramos a nova versión do blog en galego. Na esquina superior dereita, encontraredes un botón de enlace para utilizar a nova versión. Pincha sobre o icono da bandeira para acceder; desta maneira poderedes utilizar indistintamente as dúas versións.
Todos os artigos inseridos ata agora, quedarán tal e como estaban. Os que se vaian inserindo a partir deste momento xa estarán acutalizados á nova versión. Esperamos que vos guste.

CHEGA O SAMAIN A DORRÓN

Presentámosvos unhas fotos da exposición de cabazas que están a facer estes días os profres e alumnos (coa colaboración de Nardo), con motivo do "Samain". Con distintas caracterizacions como un drácula, unha bruxa ou un "Trancas" (ou "Barrancas") e distintos tipos e tamaños de cabazas foise conformando este pequena pero bonita exposición.





viernes, 23 de octubre de 2009

INFORMACION

Si quieres dejar algún comentario de cualquiera de los artículos que vamos insertando en el blog, puedes hacerlo pulsando en COMENTAR COMO; te pedirá SELECCIONAR PERFIL; lo más habitual es tener una Cuenta Google que te identifica como usuario; otra opción es pulsando ANONIMO, para lo que no necesitas tener una cuenta google creada. Si eliges la segunda opción (anónimo), nos gustaría que firmaras igual tu comentario (aunque no es obligatorio). No vamos a censurar ninguno, a no ser que se salga de tono o descalifique de manera expresa a cualquier persona de nuestra comunidad educativa.


Se queres deixar algún comentario de calquera dos artigos que imos inserindo no blog, podes facelo pulsando en COMENTAR COMO; pedirache SELECCIONAR PERFIL; o máis habitual é ter unha Conta Google que che identifica como usuario; outra opción é pulsando ANONIMO, para o que non necesitas ter unha conta google creada. Se elixes a segunda opción (anónimo), gustaríanos que asinases igual o teu comentario (aínda que non é obrigatorio). Non imos censurar ningún, a non ser que se salga de ton ou descualifique de maneira expresa a calquera persoa da nosa comunidade educativa.

jueves, 22 de octubre de 2009

MAS NOTICIAS ACERCA DEL COLEGIO

Hoy vuelven a aparecer, en distintos periódicos, noticias referentes a los colegios de Villalonga y Dorrón. En esta ocasión se habla de una supuesta próxima visita del Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Don Jesús Vazquez, en la que se reunirá con las direcciones y las ANPAS de los centros, para exponer los planes de la Xunta de Galicia con respecto a estos dos centros educativos.
De momento queremos seguir sin posicionarnos y no vamos a valorar estas noticias, solo queremos informar de todo lo relacionado con el tema, hasta tener más y mejor información directa de los organísmos correspondientes. Lo único que si resaltamos es que, de momento, no hay ninguna cantidad destinada a nuestro colegio (en los presupuestos del próximo año).

Dejamos una noticia que aparece en el Diario de Arousa de hoy.



Hoxe volven aparecer, en distintos xornais, noticias referentes aos colexios de Villalonga e Dorrón. Nesta ocasión fálase dunha suposta próxima visita do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Don Jesús Vazquez, na que se reunirá coas direccións e as ANPAS dos centros, para expor os plans da Xunta de Galicia con respecto a estes dous centros educativos.
De momento queremos seguir sen situarnos e non imos valorar estas noticias, só queremos informar de todo o relacionado co tema, até ter máis e mellor información directa dos organísmos correspondentes. O único que si resaltamos é que, de momento, non hai ningunha cantidade destinada ao noso colexio (nos orzamentos do próximo ano).

Deixamos unha noticia que aparece no Diario de Arousa de hoxe.

miércoles, 21 de octubre de 2009

MALAS NOTICIAS SOBRE EL NUEVO COLEGIO

Ayer se publicaron los presupuestos de la Xunta de Galicia para el próximo año y desafortunadamente no hay ninguna partida destinada a las obras de reforma de nuestro colegio. De momento no vamos a dar nuestra opinión al respecto para poder estudiar detenidamente como nos afecta y qué medidas podemos o debemos tomar.
Dejamos dos artículos del Diario de Pontevedra de ayer donde se comentan cantidades destinadas a otras obras y donde se ve claramente que no se nombra el CEIP MAGALÁNS PARA NADA.





Onte publicáronse os orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano e desafortunadamente non hai ningunha partida destinada ás obras de reforma do noso colexio. De momento non imos dar a nosa opinión respecto diso para poder estudar detidamente como nos afecta e que medidas podemos ou debemos tomar.
Deixamos dous artigos do Diario de Pontevedra de onte onde se comentan cantidades destinadas a outras obras e onde se ve claramente que non se nomea o CEIP MAGALÁNS PARA NADA.

miércoles, 7 de octubre de 2009

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Os informamos que las actividades extra escolares empiezan esta semana.
En la actividad de informática, nos vemos obligados a desdoblar en dos grupos, dado que hubo un gran número de inscritos. Los horarios son: Martes de 16:00 a 17:30 los niños de 1º, 2º y 3º; y de 17:30 a 19:00 los de 4º, 5º y 6º.
En cuanto a patinaje y baile moderno, será el miércoles de 16:30 a 18:00.

Informámosvos que as actividades extra escolares empezan esta semana.
Na actividade de informática, vémonos obrigados a desdobrar en dous grupos, dado que houbo un gran número de inscritos. Os horarios son: Martes de 16:00 a 17:30 os nenos de 1º, 2º e 3º; e de 17:30 a 19:00 os de 4º, 5º e 6º.
En canto a patinaxe e baile moderno, será o mércores de 16:30 a 18:00.

viernes, 28 de agosto de 2009

AYUDAS PARA COMPRA DE LIBROS

Estamos teniendo ya información sobre las ayudas que concederá la Consellería de Educación, para la adquisición de libros de texto.

Los beneficiarios de estas ayudas, serán los alumnos de 1º, 2º, 5º y 6º de primaria, y de Educación Especial, que es donde empieza a implantarse este año el sistema de "Gratuidade Solidaria". Parece que con este nuevo sistema, los libros quedarán en propiedad del alumno (no como el sistema anterior de préstamo).

En cuanto a los cursos que no entran en este nuevo sistema (3º y 4º de primaria), de momento seguirán con el anterior de préstamo, con lo que recibirán los libros durante el mes de septiembre.

El plazo para la solicitud de las ayudas empieza el 1 de septiembre y termina el 31 del mismo mes. Aconsejan empezar a solicitar las ayudas los primeros días del mes y se irán tramitando por orden de presentación. A partir de que estén presentadas, se estima un plazo de entre 15 y 20 días para hacer efectivos los pagos de dichas subvenciones.

Para más información podéis llamar al teléfono 981546521.

Además os dejamos unos enlaces donde se da información mucho más detallada y se responden preguntas frecuentes.



CONSELLERIA DE EDUCACION



GRATUIDADE SOLIDARIA



Estamos tendo xa información sobre as axudas que concederá a Consellería de Educación, para a adquisición de libros de texto.

Os beneficiarios destas axudas, serán os alumnos de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria, e de Educación Especial, que é onde empeza a implantarse este ano o sistema de "Gratuidade Solidaria". Parece que con este novo sistema, os libros quedarán en propiedade do alumno (non como o sistema anterior de préstamo).

En canto aos cursos que non entran neste novo sistema (3º e 4º de primaria), de momento seguirán co anterior de préstamo, co que recibirán os libros durante o mes de setembro.

O prazo para a solicitude das axudas empeza o 1 de setembro e termina o 31 do mesmo mes. Aconsellan empezar a solicitar as axudas os primeiros dias do mes e iranse tramitando por orde de presentación. A partir de que estean presentadas, estímase un prazo de entre 15 e 20 días para facer efectivos os pagos de devanditas subvencións.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 981546521.

Ademais deixámosvos uns enlaces onde se información moito máis detallada e respóndense preguntas frecuentes.



CONSELLERIA DE EDUCACIÓN



GRATUIDADE SOLIDARIA




sábado, 8 de agosto de 2009

NOTICIAS ACERCA DEL COLEGIO

Os dejamos una noticia que aparece hoy en los diarios más habituales de la zona, que habla de las obras de los Colegios de Dorrón y Vilalonga. Aunque no es mucho, menos es nada.

Deixámosvos unha noticia que aparece hoxe nos diarios máis habituais da zona, que fala das obras dos Colexios de Dorrón e Vilalonga. Aínda que non é moito, menos é nada.


Diario de Arousa 8 de agosto de 2009

Educación asumirá en solitario la construcción del colegio de O Revel y la ampliación de Dorrón

A. B. > SANXENXO

El jefe territorial de Educación visitó ayer O Telleiro junto a la alcaldesa, la concejala de Educación y el director del propio centro. ROSI PARDAL
El jefe territorial de Educación, César Augusto Pérez, reconoció ayer el compromiso de la Consellería de asumir en solitario la construcción del colegio de O Revel y la ampliación del de Dorrón que supondrán una inversión superior a los 3 millones de euros.

El protocolo firmado en su día por el Concello de Sanxenxo y la Consellería de Educación recogía el compromiso de la administración local de asumir el 50% de los costes de construcción de ambos centros escolares, además de la compra de los terrenos, que fueron puestos a disposición de la Xunta el pasado verano.

La alcaldesa explicaba ayer que en el momento de la firma de aquel protocolo ­muy criticado por la oposición­ no era posible hacerlo de otra forma. “As dificultades económicas que nos plantexaban desde a Consellería levaronnos a decidir contribuir na financiación das obras para garantir que se levaran a cabo. Agora, a sensibilidade da nova Consellería fai que as cousas se plantexen doutro xeito, e que o Concello se poida liberar deste investimento”.

Aunque existe el compromiso de desbloquear estos dos importantes proyectos educativos para Sanxenxo, el jefe provincial de Educación no habló de plazos. Simplemente confirmó que en los “próximos años” la Consellería abordará el tema.

De lo que sí habló fue de las dificultades económicas que tiene que afrontar la Consellería, ya que según dijo a estas alturas del año apenas queda presupuesto, ya que las previsiones para cualquier inversión se realizan en el primer trimestre del año.

Insistió en la buena voluntad de la Consellería para resolver este problema y reiteró la “obligación” de Educación de construir los dos colegios, que reconoció que son “necesarios” en el municipio.

miércoles, 22 de julio de 2009

LOTERIA DE NAVIDAD

Ya tenemos a la venta, como todos los años, la lotería de navidad. En esta ocasión el número es el 75.632. De momento se pondrán a la venta décimos con un precio de 23€ y a partir de mediados de septiembre se pondrán a la venta las participaciones, a 5€ cada una.



Xa temos á venda, como todos os anos, a lotería de Nadal. Nesta ocasión o número é o 75.632. De momento poñeranse á venda décimos cun prezo de 23€ e a partir de mediados de setembro poñeranse á venda as participacións, a 5€ cada unha.