lunes, 27 de junio de 2011

Excursión o Parque Acuatico de Cerceda.

Xa podemos disfrutar das fotos roubadas dos famosos membros da AMPA de Dorrón, en exclusiva. Advertimos que o contido de algunhas fotos poden dañar seriamente a imaxen de algún membro, en todo momento só queremos informar dos nosos eventos mais destacados.
































Cerceda 19-6-2011

sábado, 18 de junio de 2011

Festival Fin de Curso 2011

Como todos os anos despedimos o curso cunha gran festa. Puidemos disfrutar de varios hinchables, toro mecánico, tabla de surf e, como non, dunha merecida merenda. Grazas a todos os pais pola súa colaboración e tamén a un home especial de axuda inestimable para os compoñentes da ANPA, "O Capitán Nardo".
Un gran bico para Izan, desexámoslle que se recupere pronto.







Fiesta Fin de Curso 2011

Concurso de Fotografía

Xa temos os gañadores do Concurso de Fotografía proposto pola ANPA . O xurado foi composto por dous profesores do centro e dúas nais alleas á directiva da ANPA. Tras longas horas de deliberación por fin saiu un gañador por ciclo.









Yeray ( Ed. Infantil) Joel (1º Ciclo)









Lidia (2º Ciclo) Celia (3º Ciclo)
Noraboa!!!!

Os gañadores deste Concurso de fotografía levan un gran lote de libros de lectura de cara ás vacacións estivais e como obsequio a todos os participantes deste concurso simplemente por participar a ANPA tamen vai ter un agasallo. Os agasallos dos gañadores foi unha cortesía da "Librería Nos" de Sanxenxo.