sábado, 16 de abril de 2011

CONCURSO FOTOGRÁFICO

A ANPA Pintillón convoca a todos os alumnos a participar no I Concurso Infantil de Fotografía co fin de promover e estimular a arte fotográfica nos máis cativos da nosa asociación.
Haberá catro categorías: Ed. Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo e 3º Ciclo.
O tamaño da fotografía será de 13 x 18, sin poder levar ningún retoque fotográfico.
Como máximo poderase concursar con 3 fotografías por alumno.
As fotografías recolleranas os diferentes titores.
Toda fotografía terá que levar no reverso o nome do alumno e o ciclo ao que pertence.
A temática será “O noso colexio”.
Os traballos gañadores exporanse no noso centro e no blog.
Infórmase a todos os participantes que o simple feito de participar no concurso implica a total aceptación das presentes bases, así como as decisións da organización.
O prazo máximo de entrega das fotografías será o vernes 29 de abril do presente ano.
O premio será un lote de libros e /ou material escolar.
A asociación reservase o dereito de facer cas fotografías premiadas a difusión o uso que estime conveniente.
Os pais poden acompañar os nenos na toma das fotografías en horario de tarde, xa que o colexio permanece aberto no horario que o profesor este de garda.
Queda totalmente prohibido as fotografias, tanto a os alumnos coma os profesores do centro.