jueves, 24 de diciembre de 2009

BO NADAL

Os compoñentes da directiva da ANPA PINTILLON, desexamosvos a todos unhas Felices Festas e un Bo Ano Novo


lunes, 21 de diciembre de 2009

O CONSELLEIRO DE EDUCACION EN DORRON

O pasado venres 18 tivemos a visita do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, ao noso cole. Estivo acompañado do Xefe Territorial de Educación Cesar Pérez, a Alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, a Concelleira de Educación Paz Lago, o Concelleiro de Dorrón Tino Sanmartín e varios membros máis da corporación municipal.
Durante a reunión que mantivo con algúns membros da directiva da ANPA e os membros da dirección do colexio, o Conselleiro explicounos os plans que tiña para acometer as obras de ampliación e mellora das instalacións escolares. Aínda que non deu datas concretas, comprometeuse a ter terminado o proxecto durante o ano 2010, para licitar e empezar os traballos canto antes e poder ter o colexio listo nun prazo máximo total duns tres anos.
Os membros da directiva da ANPA facemos unha lectura moi positiva desta visita e creemos que se vai por bo camiño, aínda que seguiremos atentos a todo o que vaia xurdindo sobre este tema.
A continuación inserimos varias novas relacionadas co tema.


Diario de Pontevedra


La Voz de Galicia


Preme sobre o logo para ver a nova deste diario

martes, 15 de diciembre de 2009

NOVA DE ULTIMA HORA

Informamos que mañá se suspenden as clases, segundo decisión da Consellería de Educación. Pedímosvos que comuniquedes a noticia a todos os coñecidos dado o atraso do aviso. Transcribimos a mensaxe que eviaron á dirección do colexio.

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 decembro 2009

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.


Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

lunes, 14 de diciembre de 2009

ASAMBLEA DIA 16 DE DECEMBRO

Informámosvos que o vindeiro mércores 16 de decembro ás 21:00, terá lugar na aula de música do colexio unha asemblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Recollida de lotaría de nadal.
3º Información sobre a próxima reunión co Sr. Conselleiro de Educación e temas relacionados co colexio.
4º Rogos e preguntas.

Ao finalizar a reunión, gozaremos, como xa o habitual, dun pincho para celebrar todos xuntos o Nadal.

lunes, 7 de diciembre de 2009

COMENTARIOS

Este é o primeiro artigo que se inseriu neste blog:

mércores 13 de maio de 2009


PRESENTACION
Hoxe inauguramos o noso blog, coa ilusión de que sexa unha ferramenta de comunicación útil para toda a comunidade escolar do C.E.I.P. Magaláns-Dorrón en xeral, e para os socios do A.N.P.A Pintillón, en particular.
Esperamos as vosas opinións, os vosos comentarios e achegas, para que sexa un medio ameno, divertido e sobre todo didáctico.
Queremos deixar claro, que todos os comentarios serán ben recibidos e non haberá censura de ningún tipo, a condición de que non haxa saídas de ton nin comentarios pouco apropiados. No hipotético caso de que isto sucedese, gardámonos o dereito de borrar as dicir intervencións.


Quero destacar varias cosas:

"...ferramenta de comunicación...".
"...que sexa un medio ameno, divertido e sobre todo didáctico..."
"...todos os comentarios serán ben recibidos......sempre e cando non haxa saidas de tono..."

Suso

sábado, 5 de diciembre de 2009

BOAS NOVAS

Deixamos duas novas que aparecen hoxe no Diario de Pontevedra e no Diario de Arousa, nas que se confirma a data da visita do Conselliro de Educación, D. Jesús Vázquez, ó noso colexio.


Diario de Pontevedra


Diario de Arousa

jueves, 3 de diciembre de 2009

NOVAS RELACIONADAS CO COLEXIO

Deixamos unha ligazón dunha noticia que aparecía o 19 de novembro en La Voz de Galicia, onde se fala de varias enmendas que presentou o BNG, e noméase o Colexio de Dorrón.