sábado, 25 de diciembre de 2010

Festival Nadal 2010

Hola papis:Un ano mais mostramos as mellores fotos do Festival de Nadal 2010. Esperamos que vos guste.

Festival de Nadal 2010

martes, 14 de diciembre de 2010

ASAMBLEA DO 15 DE DECEMBRO

Informamos que mañá mércores 15 de decembro ás 21:30 horas, terá lugar, na casa da cultura de Dorrón, unha asemblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.

2º Recollida de lotaría de nadal.

3º Rogos e preguntas.

Aproveitamos para lembrarvos que aínda quedan participacións, polo que os que aínda non teñan poden pedila a calquera membro da directiva.
Ao terminar a reunión, os asistentes, tomaremos uns aperitivos como de costume, para celebrar o nadal.

NOTA DE PRENSA

Nota enviada aos distintos diarios da comarca no día de hoxe, con motivo da reunión mantida o pasado venres día 5 de novembro, co Xefe Territorial de Educación, o Delegado Provincial, a Alcaldesa de Sanxenxo e a Concelleira de Cultura.
A directiva da ANPA do Colexio Público de Magaláns- Dorrón, con ocasión da reunión mantida o pasado venres día 5 de novembro, co Xefe Territorial de Educación, co Delegado da Xunta de Galicia e coa Alcaldesa do Concello de Sanxenxo, ademais da Concelleira de Cultura, onde se nos informou sobre os avances producidos no proxecto de ampliación do noso centro escolar, celebrou ese mesmo día unha Asemblea Xeral Extraordinaria convocando a todos os seus socios , chegando, por total unanimidade dos presentes, ao acordo de remitir unha nota de prensa a todos os medios de comunicación nos termos seguintes:

Primeiramente expresar a profunda decepción que supuxo ser informados o Xefe Territorial de Educación da ausencia de calquera anteproxecto, compromiso efectuado en persoa polo Sr. Conselleiro de Educación no mes de decembro do pasado ano. É opinión de todos os presentes que a Consellerría de Educación non foi seria en canto aos prazos comprometidos e que deixaron pasar un ano enteiro, conscientemente, sen intención de avanzar o máis mínimo. Maior foi a decepción cando se nos manifestou que calquera obra non empezaría antes do ano 2013, e que sempre se realizarían en varios prazos.

Por outra banda, produciunos enfado a actitude da nosa Alcaldesa cando manifestou descoñecer se era necesaria a compra do único terreo que faltaba onde situar o colexio, sabendo que o mesmo conselleiro en persoa dixo que se era necesaria a compra da devandita parcela.

Dicimos enfado ao pedir información oficial sobre o terreo desde fai máis dun ano, en repetidas ocasións, ademais de solicitar unha reunión coa Señora Alcaldesa, por escrito con data de entrada en rexistro o día 11 do pasado mes de maio, non tendo màs resposta que a recibida na reunión de fai catro días, exceptuando tan só algunha mensaxe enviada a través dalgún intermediario dicíndonos que estaba todo arranxado.

Sra. Alcaldesa, como Asociación sentimos desprezados e non correspondidos por vostede, lembrándolle que en todo este tempo fomos exquisitamente pacientes, discretos e respectuosos, en absoluto merecedores de semellante trato. En lestes termos, queremos destacar tamén a ausencia do concelleiro delegado de Dorrón na reunión do venres, xa que cremos que debería defender este proxecto tanto, ou máis que nós, tendendo en conta que é usuario deste centro. É lamentable que en case catro anos non fosen capaces de adquirir un só terreo, demostrando unha nula capacidade de xestión, defecto agravado por outro, a mentira. Queremos destacar que non estamos dispostos a que este proxecto quede parado, e que chegaremos onde faga falta para conseguir as obras que nos prometeu o Sr. Jesús Vázquez . De momento esperaremos pacientes á reunión á que quedamos emprazados a mediados do mes de xaneiro para volver tomar contacto cos técnicos e empezar a elaborar un proxecto que non quede no esquecemento e non permitiremos máis atrasos e enganos.
Quedamos de todos os xeitos a enteira disposición da Consellería de Educación e do Concello de Sanxenxo (como o estivemos até agora) para o que sexa necesario.

Para finalizar, un último ofrecemento: agora que estamos na campaña do Domund, aproveitando a ocasión, ofrecémonos a vostede para percorrer, acompañando aos nosos fillos, todos os fogares da nosa parroquia solicitando unha pequena esmola para comprar o malogrado terreo. Non o dubide, sexa humilde, se o necesita, pídanos axuda. Unha vez máis estaremos aí.

viernes, 5 de noviembre de 2010

ASAMBLEA DO 5 DE NOVEMBRO

Hoxe, venres 5 de novembro ás 21:30, terá lugar na aula de música do colexio unha asamblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.

2º Información da reunión que mantendremos varios membros da xunta directiva e a directiva do Colexio, co Xefe Territorial de Educación, o Delegado Provincial, a Señora Alcaldesa e a Concelleira de Educación, o venres pola tarde. O tema a tratar en dita reunión será as obras do colexio.

3º Rogos e preguntas.

Todos os membros da xunta directiva cremos que este é un asunto moi importante, polo que rogamos a máxima asistencia a esta asamblea.

En Dorrón a 4 de novembro de 2010


jueves, 21 de octubre de 2010

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informámosvos de como quedan definitivamente os horarios das actividades extraescolares para o curso 2010-2011:

Pintura: Luns de 16:30h a 18:00h.

Informática: Martes de 16:00h a 17:30h o primeiro grupo; de 17:30h a 19:00h o segundo grupo.

Patinaxe: Mércores de 16:30h a 17:30h.

Aeróbic: Mércores de 17:30h a 18:30h.

As demais actividades propostas para este ano, como inglés ou taekwondo, non de levarán a cabo por falta de matrícula e non conseguir así os grupos mínimos esixidos polos distintos monitores.
Si tendes interés en algunha destas actividades, podedes poñervos en contacto con calquera dos membros da directiva, xa que excepto informática que ten o cupo cuberto, as demáis actividades podría ter algunha plaza libre.

ASAMBLEA DO 22 DE OUTUBRO

O vindeiro venres 22 de outubro ás 21:30 horas, terá lugar na aula de música do colexio unha asamblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Información sobre as próximas eleccións ó consello escolar.
3º Información sobre varias dudas surxidas na anterior asamblea.
4º Reparto de participacións de loteria de nadal ós pais que queiran colaborar a vendela.
5º Incio de cobro dos carnés de socio da ANPA a partir desta asamblea.
6º Rogos e preguntas.

En Dorrón a 21 de outubro de 2010

jueves, 23 de septiembre de 2010

ASAMBLEA DO 24 DE SETEMBRO

Informámosvos de que o vindeiro venres 24 de setembro ás 21:30, terá lugar na aula de música do colexio unha asamblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Estado de contas.
3º Presentación e información das actividades extraescolares propostas pola ANPA.
4º Información sobre o funcionamento da ANPA a novos socios, si fora o caso.
5º Rogos e preguntas.

En Dorrón a 23 de setembro de 2010

sábado, 10 de julio de 2010

LOTARIA DE NADAL

Xa temos á venda a lotaría de nadal deste ano. O número, como podedes ver é o 21.183. Como vimos facendo ultimamente, poremos á venda décimos cunha recarga de 3€ até finais de verán. A partir dese momento empezaremos a vender participacións de 4€ cun recargo de 1€ cada unha.

lunes, 14 de junio de 2010

Festa Fin de Curso 2009/2010

Un ano mais despedimos o curso cunha festa para os nenos. Esperamos que disfrutaran moito e que quedaran con moitas ganas para o curso que ven.

Se tedes algunha foto que queirades publicar poñedevos en contacto con algun membro da directiva.

Fin de Curso 12-06-2010

jueves, 10 de junio de 2010

FESTA FIN DE CURSO 2009 - 2010

O vindeiro sábado 12 de xuño, celebraremos a festa fin de curso. Como xa é habitual, haberá inchables, touro mecánico, animación... Ademais este ano temos un par de atraccións novas e como peche, a festa da espuma (recomendamos traer roupa para cambiarse e toallas).
Durante a tarde haberá merenda para todos os asistentes.

Horario: de 16:00 a 20:00.

Lembramos que esta festa é só para socios da ANPA

domingo, 6 de junio de 2010

VOZ NATURA 2010

O Sábado día 5 Xuño celebrouxe a festa de fin de curso de Voz Natura onde asistiron invitados varios alumnos do CEIP de Magaláns, entre outras actividades atopáronse con actividades deportivas, de aventura e didácticas; espectáculos teatrais e musicais; obradoiros de prensa, humor gráfico, televisión e radio.

domingo, 23 de mayo de 2010

Excursión a Bracalandia

Chegan as últimas fotos da excursión o novo parque de Bracalandia en Penafiel (Portugal).

miércoles, 28 de abril de 2010

VOZ NATURA XA EN EN FACEBOOK

Transcribimos unha carta da coordinadora do programa de Voz Natura para informar que xa teñen páxina oficial en Facebook.

Querid@s amig@s:

Os anuncio que Voz Natura ya tiene su página oficial en Facebook!!!

Si queréis seguir nuestras acciones y las actividades que realizamos todos los que formamos parte de "la gran familia Voz Natura", buscadnos en www.facebook.com y haceros "admiradores" o fan de la página. (Buscad: Voz Natura)

Os pido que informéis a vuestros alumnos de la existencia de un espacio Voz Natura en la red social, para que ellos también se hagan fans (son los mayores usuarios de estos canales de comunicación) ... y sus amigos o familiares también.
Nuestro objetivo con este nuevo canal de comunicación es dar a conocer, al mayor número posible de personas de todo el mundo, los maravillosos proyectos medioambientales que lleváis a cabo todos los que participáis.
Nos encantará ver las fotos que nos enviéis y todos los comentarios y aportaciones que podais hacernos.

Un fuerte abrazo a tod@s!!!


Nazareth Díaz Castro
Coordinadora Programa Voz Natura
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

APADRIÑA A UN LECTOR

O pasado luns 12 de abril tivemos a visita dalgúns alumnos do IES Sanxenxo. Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, os nenos maiores apadriñaron aos máis pequenos e regaláronlles e leron un conto infantil que previamente elixiran. Unha forma moi interesante de compartir momentos entre nenos de distintas idades a través da lectura. Ao terminar as lecturas, seguiron compartindo momentos debuxando e intercambiando historias.

Pica Aquí, para ver algunhas fotos da xornada.

lunes, 22 de febrero de 2010

Brujita Tapita

Mais vale tarde ca nunca,por fin chega a o Blob as fotos do Show da Brujita Tapita

martes, 16 de febrero de 2010

Festival de Nadal 2009

Xa solucionados os problemas técnicos que tivemos co blog,volvemos actualizando éste con algunhas fotos do festival de nadal.