Festival de Nadal 2010 |
sábado, 25 de diciembre de 2010
Festival Nadal 2010
martes, 14 de diciembre de 2010
ASAMBLEA DO 15 DE DECEMBRO
1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Recollida de lotaría de nadal.
3º Rogos e preguntas.
Aproveitamos para lembrarvos que aínda quedan participacións, polo que os que aínda non teñan poden pedila a calquera membro da directiva.
Ao terminar a reunión, os asistentes, tomaremos uns aperitivos como de costume, para celebrar o nadal.
NOTA DE PRENSA
Primeiramente expresar a profunda decepción que supuxo ser informados o Xefe Territorial de Educación da ausencia de calquera anteproxecto, compromiso efectuado en persoa polo Sr. Conselleiro de Educación no mes de decembro do pasado ano. É opinión de todos os presentes que a Consellerría de Educación non foi seria en canto aos prazos comprometidos e que deixaron pasar un ano enteiro, conscientemente, sen intención de avanzar o máis mínimo. Maior foi a decepción cando se nos manifestou que calquera obra non empezaría antes do ano 2013, e que sempre se realizarían en varios prazos.
Por outra banda, produciunos enfado a actitude da nosa Alcaldesa cando manifestou descoñecer se era necesaria a compra do único terreo que faltaba onde situar o colexio, sabendo que o mesmo conselleiro en persoa dixo que se era necesaria a compra da devandita parcela.
Dicimos enfado ao pedir información oficial sobre o terreo desde fai máis dun ano, en repetidas ocasións, ademais de solicitar unha reunión coa Señora Alcaldesa, por escrito con data de entrada en rexistro o día 11 do pasado mes de maio, non tendo màs resposta que a recibida na reunión de fai catro días, exceptuando tan só algunha mensaxe enviada a través dalgún intermediario dicíndonos que estaba todo arranxado.
Sra. Alcaldesa, como Asociación sentimos desprezados e non correspondidos por vostede, lembrándolle que en todo este tempo fomos exquisitamente pacientes, discretos e respectuosos, en absoluto merecedores de semellante trato. En lestes termos, queremos destacar tamén a ausencia do concelleiro delegado de Dorrón na reunión do venres, xa que cremos que debería defender este proxecto tanto, ou máis que nós, tendendo en conta que é usuario deste centro. É lamentable que en case catro anos non fosen capaces de adquirir un só terreo, demostrando unha nula capacidade de xestión, defecto agravado por outro, a mentira. Queremos destacar que non estamos dispostos a que este proxecto quede parado, e que chegaremos onde faga falta para conseguir as obras que nos prometeu o Sr. Jesús Vázquez . De momento esperaremos pacientes á reunión á que quedamos emprazados a mediados do mes de xaneiro para volver tomar contacto cos técnicos e empezar a elaborar un proxecto que non quede no esquecemento e non permitiremos máis atrasos e enganos.
Quedamos de todos os xeitos a enteira disposición da Consellería de Educación e do Concello de Sanxenxo (como o estivemos até agora) para o que sexa necesario.
Para finalizar, un último ofrecemento: agora que estamos na campaña do Domund, aproveitando a ocasión, ofrecémonos a vostede para percorrer, acompañando aos nosos fillos, todos os fogares da nosa parroquia solicitando unha pequena esmola para comprar o malogrado terreo. Non o dubide, sexa humilde, se o necesita, pídanos axuda. Unha vez máis estaremos aí.
viernes, 5 de noviembre de 2010
ASAMBLEA DO 5 DE NOVEMBRO
Hoxe, venres 5 de novembro ás 21:30, terá lugar na aula de música do colexio unha asamblea cos seguintes puntos da orde do día:
1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Información da reunión que mantendremos varios membros da xunta directiva e a directiva do Colexio, co Xefe Territorial de Educación, o Delegado Provincial, a Señora Alcaldesa e a Concelleira de Educación, o venres pola tarde. O tema a tratar en dita reunión será as obras do colexio.
3º Rogos e preguntas.
Todos os membros da xunta directiva cremos que este é un asunto moi importante, polo que rogamos a máxima asistencia a esta asamblea.
En Dorrón a 4 de novembro de 2010
jueves, 21 de octubre de 2010
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Pintura: Luns de 16:30h a 18:00h.
Informática: Martes de 16:00h a 17:30h o primeiro grupo; de 17:30h a 19:00h o segundo grupo.
Patinaxe: Mércores de 16:30h a 17:30h.
Aeróbic: Mércores de 17:30h a 18:30h.
As demais actividades propostas para este ano, como inglés ou taekwondo, non de levarán a cabo por falta de matrícula e non conseguir así os grupos mínimos esixidos polos distintos monitores.
Si tendes interés en algunha destas actividades, podedes poñervos en contacto con calquera dos membros da directiva, xa que excepto informática que ten o cupo cuberto, as demáis actividades podría ter algunha plaza libre.
ASAMBLEA DO 22 DE OUTUBRO
1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Información sobre as próximas eleccións ó consello escolar.
3º Información sobre varias dudas surxidas na anterior asamblea.
4º Reparto de participacións de loteria de nadal ós pais que queiran colaborar a vendela.
5º Incio de cobro dos carnés de socio da ANPA a partir desta asamblea.
6º Rogos e preguntas.
En Dorrón a 21 de outubro de 2010
jueves, 23 de septiembre de 2010
ASAMBLEA DO 24 DE SETEMBRO
1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Estado de contas.
3º Presentación e información das actividades extraescolares propostas pola ANPA.
4º Información sobre o funcionamento da ANPA a novos socios, si fora o caso.
5º Rogos e preguntas.
En Dorrón a 23 de setembro de 2010
sábado, 10 de julio de 2010
LOTARIA DE NADAL
lunes, 14 de junio de 2010
Festa Fin de Curso 2009/2010
Se tedes algunha foto que queirades publicar poñedevos en contacto con algun membro da directiva.
Fin de Curso 12-06-2010 |
jueves, 10 de junio de 2010
FESTA FIN DE CURSO 2009 - 2010
Durante a tarde haberá merenda para todos os asistentes.
Horario: de 16:00 a 20:00.
Lembramos que esta festa é só para socios da ANPA
domingo, 6 de junio de 2010
VOZ NATURA 2010
domingo, 23 de mayo de 2010
miércoles, 28 de abril de 2010
VOZ NATURA XA EN EN FACEBOOK
Querid@s amig@s:
Os anuncio que Voz Natura ya tiene su página oficial en Facebook!!!
Si queréis seguir nuestras acciones y las actividades que realizamos todos los que formamos parte de "la gran familia Voz Natura", buscadnos en www.facebook.com y haceros "admiradores" o fan de la página. (Buscad: Voz Natura)
Os pido que informéis a vuestros alumnos de la existencia de un espacio Voz Natura en la red social, para que ellos también se hagan fans (son los mayores usuarios de estos canales de comunicación) ... y sus amigos o familiares también.
Nuestro objetivo con este nuevo canal de comunicación es dar a conocer, al mayor número posible de personas de todo el mundo, los maravillosos proyectos medioambientales que lleváis a cabo todos los que participáis.
Nos encantará ver las fotos que nos enviéis y todos los comentarios y aportaciones que podais hacernos.
Un fuerte abrazo a tod@s!!!
Nazareth Díaz Castro
Coordinadora Programa Voz Natura
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
APADRIÑA A UN LECTOR
Pica Aquí, para ver algunhas fotos da xornada.