Informámosvos que hoxe pola mañá quedou aberto o novo aparcadoiro para usuarios do CEIP Magaláns. Lembramos que a partir de agora, os axentes da Policía Local non permitirán estacionar ningún vehículo nas marxes da estrada nin no aparcadoiro reservado para autobuses, como se viña facendo habitualmente. Ademais queremos destacar que queda habilitada unha zona peonil marcada con vaias metálicas, para non invadir a zona de tránsito de autobuses e que debemos respectala para maior seguridade.
Deixamos unha nova de La Voz de Galicia con información ó respecto.
Pica sobre o logo