viernes, 20 de noviembre de 2009

NOVO APARCADOIRO

Informámosvos que hoxe pola mañá quedou aberto o novo aparcadoiro para usuarios do CEIP Magaláns. Lembramos que a partir de agora, os axentes da Policía Local non permitirán estacionar ningún vehículo nas marxes da estrada nin no aparcadoiro reservado para autobuses, como se viña facendo habitualmente. Ademais queremos destacar que queda habilitada unha zona peonil marcada con vaias metálicas, para non invadir a zona de tránsito de autobuses e que debemos respectala para maior seguridade.

Deixamos unha nova de La Voz de Galicia con información ó respecto.

Pica sobre o logo

jueves, 19 de noviembre de 2009

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Deixamos unha nova que aparece no Faro de Vigo de hoxe, respecto da saída que tuveron onte os nenos de infantil (4 e 5 anos) e 1º - 2º de primaria.
Ademais do que se conta na noticia, comentar que se aproveitou a saída para visitar na Sede Náutica de Caixa Galicia, unha mostra sobre o camiño de Santiago, "Galicia, Camiño Celeste".
Lembramos que os gastos de transporte correron por conta da ANPA.

Pica na nova para ver máis grande.



viernes, 13 de noviembre de 2009

NOVAS SOBRE O COLEXIO

Inserimos unha nova que publica hoxe o Diario de Pontevedra, acerca do novo aparcadoiro e as obras do colexio.
Ademais, fan referencia ao noso blog, indicando incluso a dirección.

Pica para ver máis grande

jueves, 12 de noviembre de 2009

NOVO APARCADOIRO

Informámosvos que, practicamente, están rematadas as obras do novo aparcadoiro anexo ao colexio. Devandito aparcadoiro estará destinado a usuarios do centro (pais, profesores...) e o que xa había até agora, será de uso exclusivo dos autobuses. Segundonos comunicaron dende a Concellaría de Infraestruturas e Obras, falta delimitar a zona de paso peonil e instalar un valo de protección para salvar o desnivel co aparcadoiro dos autobuses. Indícannos, ademais, que dado que a obra fíxose con tempo chuvioso, debemos esperar, como mínimo, unha semana para poder empezar a utilizalo e así dar tempo a que seque e frague ben o firme. Por este motivo, pedímosvos paciencia e colaboración durante estes días ás horas de chegada e saída dos alumnos.

SEIS MESES DE BLOG

Xa fai seis meses que inauguramos este blog. A finais do curso pasado, en maio para ser máis exactos, púxose en funcionamento esta útil ferramenta para poder dar maior e mellor información de moitas das cousas que se fan desde a ANPA PINTILLON por e para os alumnos do C.E.I.P. Magaláns-Dorrón.
Queremos lembrarvos que aceptamos colaboracións de calquera membro da nosa comunidade escolar (fotos de eventos, excursións, actividades...).
Ademais aproveitamos a ocasión para dar as grazas a todas as nais e pais que pagan o carnét de socio (que practicamente son todos), e aos que prestan a súa colaboración en calquera actividade organziada pola ANPA.




lunes, 9 de noviembre de 2009

CEIP MAGALANS CO MEDIOAMBIENTE

La Voz de Galicia (20/10/2009)

Trece centros y colectivos participan este curso en el programa Voz Natura

La iniciativa medioambiental de la Fundación Santiago Rey está dedicada este año a la biodiversidad...

Trece colegios y entidades de la comarca pontevedresa se han sumado este nuevo curso a la alianza del programa medioambiental Voz Natura con la biodiversidad. Sensibilizar a la población sobre la importancia de frenar la pérdida de la biodiversidad, con el objetivo de contribuir a las campañas que se están realizando a nivel mundial para preservar la diversidad ecológica, es el eje de la nueva edición del programa que desarrolla la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que también es la número trece...

...En Dorrón, los escolares del colegio Magaláns también abordarán el tema de la recogida selectiva y la reutilización de los residuos. Entre otras actividades, limpiarán la playa próxima al centro, elaborarán compost con bokashi y bolsas de tela para sustituir a las de plástico, además de la recogida de pilas y aceites usados...

Se queres ler toda a noticia, PINCHA AQUI

miércoles, 4 de noviembre de 2009

ASAMBLEA DIA 6 DE NOVEMBRO

O vindeiro venres 6 de novembro ás 21:30, terá lugar na aula de música do colexio unha asamblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Información da reunión mantida coa Señora Alcaldesa sobre as obras do colexio.
3º Reparto de participacións de loteria de nadal ós pais que queiran colaborar a vendela.
4º Pondremos ó cobro os carnés de socio da ANPA a partir desta asamblea.
5º Información detallada do “Show de la Brujita Tapita”.
6º Rogos e preguntas.

LA BRUJITA TAPITA EN SANXENXO

Informámosvos que o vindeiro sábado 28 de novembro ás 19:30, terá lugar unha actuación do Duo el Tiempo do Sol no Pavillón Polideportivo de Baltar. O Show da Brujita Tapita é un espectáculo no que este duo combina xogos musicais, bailes e cancións interactuando con nenos e maiores.
Esta actividade está organizada polas ANPAS de Sanxenxo, Portonovo, Noalla, Nantes, Vilalonga e Dorrón e pola Federación de ANPAS, coa colaboración do Concello de Sanxenxo. Vai dirixida a nenos de entre 3 e 8 anos, é dicir, nenos que cursen desde primeiro de infantil até 3º de primaria.
A previsión de asistencia é moi elevada e ademais o aforo é limitado, polo que vos enviaremos un modelo de inscrición para que poidades apuntarvos. En principio, os nenos asistentes poderán ir acompañados só por un adulto por familia.
Prezo adultos: 1€
Prezo nenos: gratis

Si queredes máis información do Duo Tempo do Sol, podedes entrar na súa páxina web picando aquí.

Deixámosvos uns vídeos de cancións súas.