sábado, 25 de diciembre de 2010

Festival Nadal 2010

Hola papis:Un ano mais mostramos as mellores fotos do Festival de Nadal 2010. Esperamos que vos guste.

Festival de Nadal 2010

martes, 14 de diciembre de 2010

ASAMBLEA DO 15 DE DECEMBRO

Informamos que mañá mércores 15 de decembro ás 21:30 horas, terá lugar, na casa da cultura de Dorrón, unha asemblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.

2º Recollida de lotaría de nadal.

3º Rogos e preguntas.

Aproveitamos para lembrarvos que aínda quedan participacións, polo que os que aínda non teñan poden pedila a calquera membro da directiva.
Ao terminar a reunión, os asistentes, tomaremos uns aperitivos como de costume, para celebrar o nadal.

NOTA DE PRENSA

Nota enviada aos distintos diarios da comarca no día de hoxe, con motivo da reunión mantida o pasado venres día 5 de novembro, co Xefe Territorial de Educación, o Delegado Provincial, a Alcaldesa de Sanxenxo e a Concelleira de Cultura.
A directiva da ANPA do Colexio Público de Magaláns- Dorrón, con ocasión da reunión mantida o pasado venres día 5 de novembro, co Xefe Territorial de Educación, co Delegado da Xunta de Galicia e coa Alcaldesa do Concello de Sanxenxo, ademais da Concelleira de Cultura, onde se nos informou sobre os avances producidos no proxecto de ampliación do noso centro escolar, celebrou ese mesmo día unha Asemblea Xeral Extraordinaria convocando a todos os seus socios , chegando, por total unanimidade dos presentes, ao acordo de remitir unha nota de prensa a todos os medios de comunicación nos termos seguintes:

Primeiramente expresar a profunda decepción que supuxo ser informados o Xefe Territorial de Educación da ausencia de calquera anteproxecto, compromiso efectuado en persoa polo Sr. Conselleiro de Educación no mes de decembro do pasado ano. É opinión de todos os presentes que a Consellerría de Educación non foi seria en canto aos prazos comprometidos e que deixaron pasar un ano enteiro, conscientemente, sen intención de avanzar o máis mínimo. Maior foi a decepción cando se nos manifestou que calquera obra non empezaría antes do ano 2013, e que sempre se realizarían en varios prazos.

Por outra banda, produciunos enfado a actitude da nosa Alcaldesa cando manifestou descoñecer se era necesaria a compra do único terreo que faltaba onde situar o colexio, sabendo que o mesmo conselleiro en persoa dixo que se era necesaria a compra da devandita parcela.

Dicimos enfado ao pedir información oficial sobre o terreo desde fai máis dun ano, en repetidas ocasións, ademais de solicitar unha reunión coa Señora Alcaldesa, por escrito con data de entrada en rexistro o día 11 do pasado mes de maio, non tendo màs resposta que a recibida na reunión de fai catro días, exceptuando tan só algunha mensaxe enviada a través dalgún intermediario dicíndonos que estaba todo arranxado.

Sra. Alcaldesa, como Asociación sentimos desprezados e non correspondidos por vostede, lembrándolle que en todo este tempo fomos exquisitamente pacientes, discretos e respectuosos, en absoluto merecedores de semellante trato. En lestes termos, queremos destacar tamén a ausencia do concelleiro delegado de Dorrón na reunión do venres, xa que cremos que debería defender este proxecto tanto, ou máis que nós, tendendo en conta que é usuario deste centro. É lamentable que en case catro anos non fosen capaces de adquirir un só terreo, demostrando unha nula capacidade de xestión, defecto agravado por outro, a mentira. Queremos destacar que non estamos dispostos a que este proxecto quede parado, e que chegaremos onde faga falta para conseguir as obras que nos prometeu o Sr. Jesús Vázquez . De momento esperaremos pacientes á reunión á que quedamos emprazados a mediados do mes de xaneiro para volver tomar contacto cos técnicos e empezar a elaborar un proxecto que non quede no esquecemento e non permitiremos máis atrasos e enganos.
Quedamos de todos os xeitos a enteira disposición da Consellería de Educación e do Concello de Sanxenxo (como o estivemos até agora) para o que sexa necesario.

Para finalizar, un último ofrecemento: agora que estamos na campaña do Domund, aproveitando a ocasión, ofrecémonos a vostede para percorrer, acompañando aos nosos fillos, todos os fogares da nosa parroquia solicitando unha pequena esmola para comprar o malogrado terreo. Non o dubide, sexa humilde, se o necesita, pídanos axuda. Unha vez máis estaremos aí.