jueves, 21 de octubre de 2010

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informámosvos de como quedan definitivamente os horarios das actividades extraescolares para o curso 2010-2011:

Pintura: Luns de 16:30h a 18:00h.

Informática: Martes de 16:00h a 17:30h o primeiro grupo; de 17:30h a 19:00h o segundo grupo.

Patinaxe: Mércores de 16:30h a 17:30h.

Aeróbic: Mércores de 17:30h a 18:30h.

As demais actividades propostas para este ano, como inglés ou taekwondo, non de levarán a cabo por falta de matrícula e non conseguir así os grupos mínimos esixidos polos distintos monitores.
Si tendes interés en algunha destas actividades, podedes poñervos en contacto con calquera dos membros da directiva, xa que excepto informática que ten o cupo cuberto, as demáis actividades podría ter algunha plaza libre.

ASAMBLEA DO 22 DE OUTUBRO

O vindeiro venres 22 de outubro ás 21:30 horas, terá lugar na aula de música do colexio unha asamblea cos seguintes puntos da orde do día:

1º Lectura e aprobación da acta anterior.
2º Información sobre as próximas eleccións ó consello escolar.
3º Información sobre varias dudas surxidas na anterior asamblea.
4º Reparto de participacións de loteria de nadal ós pais que queiran colaborar a vendela.
5º Incio de cobro dos carnés de socio da ANPA a partir desta asamblea.
6º Rogos e preguntas.

En Dorrón a 21 de outubro de 2010