lunes, 27 de junio de 2011

Excursión o Parque Acuatico de Cerceda.

Xa podemos disfrutar das fotos roubadas dos famosos membros da AMPA de Dorrón, en exclusiva. Advertimos que o contido de algunhas fotos poden dañar seriamente a imaxen de algún membro, en todo momento só queremos informar dos nosos eventos mais destacados.
































Cerceda 19-6-2011

sábado, 18 de junio de 2011

Festival Fin de Curso 2011

Como todos os anos despedimos o curso cunha gran festa. Puidemos disfrutar de varios hinchables, toro mecánico, tabla de surf e, como non, dunha merecida merenda. Grazas a todos os pais pola súa colaboración e tamén a un home especial de axuda inestimable para os compoñentes da ANPA, "O Capitán Nardo".
Un gran bico para Izan, desexámoslle que se recupere pronto.







Fiesta Fin de Curso 2011

Concurso de Fotografía

Xa temos os gañadores do Concurso de Fotografía proposto pola ANPA . O xurado foi composto por dous profesores do centro e dúas nais alleas á directiva da ANPA. Tras longas horas de deliberación por fin saiu un gañador por ciclo.









Yeray ( Ed. Infantil) Joel (1º Ciclo)









Lidia (2º Ciclo) Celia (3º Ciclo)
Noraboa!!!!

Os gañadores deste Concurso de fotografía levan un gran lote de libros de lectura de cara ás vacacións estivais e como obsequio a todos os participantes deste concurso simplemente por participar a ANPA tamen vai ter un agasallo. Os agasallos dos gañadores foi unha cortesía da "Librería Nos" de Sanxenxo.

sábado, 16 de abril de 2011

CONCURSO FOTOGRÁFICO

A ANPA Pintillón convoca a todos os alumnos a participar no I Concurso Infantil de Fotografía co fin de promover e estimular a arte fotográfica nos máis cativos da nosa asociación.
Haberá catro categorías: Ed. Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo e 3º Ciclo.
O tamaño da fotografía será de 13 x 18, sin poder levar ningún retoque fotográfico.
Como máximo poderase concursar con 3 fotografías por alumno.
As fotografías recolleranas os diferentes titores.
Toda fotografía terá que levar no reverso o nome do alumno e o ciclo ao que pertence.
A temática será “O noso colexio”.
Os traballos gañadores exporanse no noso centro e no blog.
Infórmase a todos os participantes que o simple feito de participar no concurso implica a total aceptación das presentes bases, así como as decisións da organización.
O prazo máximo de entrega das fotografías será o vernes 29 de abril do presente ano.
O premio será un lote de libros e /ou material escolar.
A asociación reservase o dereito de facer cas fotografías premiadas a difusión o uso que estime conveniente.
Os pais poden acompañar os nenos na toma das fotografías en horario de tarde, xa que o colexio permanece aberto no horario que o profesor este de garda.
Queda totalmente prohibido as fotografias, tanto a os alumnos coma os profesores do centro.

jueves, 3 de marzo de 2011

VISITA Ó MUIÑO DA COSTA

Hoxe no Diario de Arousa aparece esta noticia, que transcribimos literalmente:


DIARIO DE AROUSA

Escolares do colexio Magaláns visitaron o único muíño de auga activa do municipio
Redacción > sanxenxo
Un total de 58 alumnos e alumnas de 3° a 6° curso de Educación Primaria do colexio Magaláns, en Dorrón, visitaron o único muíño de auga que aínda se atopa activo en todo o termo municipal e que está situado na mesma parroquia que este colexio. Trátase do coñecido como ?Muiño dá Costa?, situado nunha zona de gran valor paisaxístico que forma parte ademais dunha das rutas habituais promovidas pola Concellería de Turismo.

A través desta iniciativa os escolares tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento deste elemento de arquitectura popular que foi recuperado pola Administración local, quen se encargou tamén de acondicionar a contorna.

Foi un dos ?llevadores? do muíño, concretamente o señor Celestino, quen ofreceu aos estudantes unha explicación in situ acerca da transformación do gran que estivo ilustrada coa posta en marcha desta maquinaria tradicional.

Tal e como explicaron desde o colexio de Dorrón, con esta actividade pretendían que os alumnos e alumnas coñecesen as partes e a función que desempeña un muíño tendo en conta que o proxecto docente de normalización lingüística deste centro educativo vira leste curso contorna á temática do millo.

O Concello realizou unha decidido aposta pola recuperación de parte do patrimonio etnográfico do municipio, coa posta en valor dalgúns destes elementos arquitectónicos. De feito, en Dorrón o muíño forma parte dunha ruta na que se oferta como un dos lugares recomendados a visitar.

En Portonovo, o Concello procedese tamén á limpeza dun dos muíños, aínda que a maleza obriga ás brigadas a realizar un mantemento permanente.



miércoles, 16 de febrero de 2011

INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA

En base ás predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, ante a previsión dun adverso meteorolóxico de vento con refachos superiores a 100 km.h (alerta laranxa) en tódolos concellos da provincia de Coruña e Pontevedra así como ós integrados na comarca da Mariña Lucense.

De acordo coa recomendación formulada pola comisión de alertas meteorolóxicas reunida o día de hoxe as 11 da mañá comunícolle a suspensión de actividades extraescolares e as que se realicen ó aire libre durante toda a xornada do 16 de febreiro de 2010.

Esta decisión non supón a suspensión de actividades docentes nin do transporte escolar, pero recomendase o seguimento da información meteorolóxica para o caso dun empeoramento da predición ou do incremento de risco na localidade onde radique o centro escolar.

A información pode seguirse nos enderezos electrónicos:

www.aemet.es, www.meteogalicia.es e www.112galicia.org

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.


Asdo.: Jesús Vázquez Abad
P.A. O secretario xeral técnico.
Asdo.: Jesús Oitavén Barcala

Concellos incluídos na zona xeográfica de aviso da Mariña Lucense:

* Alfoz
* Barreiros
* Cervo
* Foz
* Xove
* Lourenzá
* Mondoñedo
* Ourol
* A Pontenova
* Ribadeo
* Trabada
* O Valadouro
* O Vicedo
* Viveiro
* Burela

viernes, 14 de enero de 2011

NOVA SOBRE AS OBRAS DO COLEXIO

Insertamos unha nova relacionada coas obras do colexio que publicou o Diario de Pontevedra onte.

Pincha sobre a imaxe para ampliar