jueves, 12 de noviembre de 2009

SEIS MESES DE BLOG

Xa fai seis meses que inauguramos este blog. A finais do curso pasado, en maio para ser máis exactos, púxose en funcionamento esta útil ferramenta para poder dar maior e mellor información de moitas das cousas que se fan desde a ANPA PINTILLON por e para os alumnos do C.E.I.P. Magaláns-Dorrón.
Queremos lembrarvos que aceptamos colaboracións de calquera membro da nosa comunidade escolar (fotos de eventos, excursións, actividades...).
Ademais aproveitamos a ocasión para dar as grazas a todas as nais e pais que pagan o carnét de socio (que practicamente son todos), e aos que prestan a súa colaboración en calquera actividade organziada pola ANPA.