jueves, 12 de noviembre de 2009

NOVO APARCADOIRO

Informámosvos que, practicamente, están rematadas as obras do novo aparcadoiro anexo ao colexio. Devandito aparcadoiro estará destinado a usuarios do centro (pais, profesores...) e o que xa había até agora, será de uso exclusivo dos autobuses. Segundonos comunicaron dende a Concellaría de Infraestruturas e Obras, falta delimitar a zona de paso peonil e instalar un valo de protección para salvar o desnivel co aparcadoiro dos autobuses. Indícannos, ademais, que dado que a obra fíxose con tempo chuvioso, debemos esperar, como mínimo, unha semana para poder empezar a utilizalo e así dar tempo a que seque e frague ben o firme. Por este motivo, pedímosvos paciencia e colaboración durante estes días ás horas de chegada e saída dos alumnos.