lunes, 21 de diciembre de 2009

O CONSELLEIRO DE EDUCACION EN DORRON

O pasado venres 18 tivemos a visita do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, ao noso cole. Estivo acompañado do Xefe Territorial de Educación Cesar Pérez, a Alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, a Concelleira de Educación Paz Lago, o Concelleiro de Dorrón Tino Sanmartín e varios membros máis da corporación municipal.
Durante a reunión que mantivo con algúns membros da directiva da ANPA e os membros da dirección do colexio, o Conselleiro explicounos os plans que tiña para acometer as obras de ampliación e mellora das instalacións escolares. Aínda que non deu datas concretas, comprometeuse a ter terminado o proxecto durante o ano 2010, para licitar e empezar os traballos canto antes e poder ter o colexio listo nun prazo máximo total duns tres anos.
Os membros da directiva da ANPA facemos unha lectura moi positiva desta visita e creemos que se vai por bo camiño, aínda que seguiremos atentos a todo o que vaia xurdindo sobre este tema.
A continuación inserimos varias novas relacionadas co tema.


Diario de Pontevedra


La Voz de Galicia


Preme sobre o logo para ver a nova deste diario